CHICHAFEST
O CHICHAFEST é a gran festa final da primeira edición de ONDACHICHA, o noso concurso para darlle voz e escenario ás bandas emerxentes galegas. Unha xornada na Sala Capitol na que as bandas finalistas compartiron o seu talento en directo e competiron por un premio para seguir medrando: a gravación do seu primeiro EP nos estudos de GARAXELAND.
Música, Chichas e moitas ganas de apoiar o talento da casa!
🎶FINALISTAS DA 1ª EDICIÓN
Fuego Lolita, WhyNott e SKADELOS
GAÑADORES
SKADELOS

ONDA CHICHA
Onda Chicha é unha iniciativa de Chichalovers creada para dar visibilidade a artistas e grupos emerxentes de Galicia.
A través dun proceso de inscrición aberta, seleccionaremos bandas e solistas que terán a oportunidade de:
Dar a coñecer o seu proxecto en medios de comunicación e redes sociais
Gravar un tema en Chichalover, un espazo creativo con máis de 13.500 seguidores
Participar no CHICHAFEST onde os 3 grupos gañadores tocarán en directo na Sala Capitol (Santiago de Compostela)
O noso obxectivo é impulsar a nova xeración de artistas galegos, ofrecendo espazos reais de visibilidade, creación e conexión coa escena musical.
Súmate á #OndaChicha e fai soar o teu nome: @chichalovers.santiago


