TERMOS E CONDICIÓNS
Aviso legal
Esta páxina web é propiedade de ChichaLovers e está operada por ChichaLovers. Estes Termos establecen as condicións baixo as cales podes utilizar a nosa páxina web e os nosos servizos. Esta páxina web ofrece ás persoas visitantes información sobre os servizos ofrecidos por ChichaLovers, así como información da súa marca. Ao acceder ou utilizar esta páxina web, aceptas que liches, entendiches e aceptaches quedar suxeito a estes termos:
INFORMACIÓN RELEVANTE
Nalgúns casos, para adquirir un produto, será necesario o rexistro por parte da persoa usuaria, introducindo datos persoais veraces e definindo un contrasinal. A persoa usuaria pode elixir e cambiar o contrasinal para o acceso á administración da súa conta en calquera momento, no caso de estar rexistrada e de que sexa necesario para o uso dalgún dos nosos servizos. ChichaLovers non asume responsabilidade ningunha no caso de que a persoa usuaria entregue dito contrasinal a terceiros.
Todas as transaccións que se leven a cabo a través deste sitio web estarán suxeitas a un proceso de confirmación e verificación, o cal poderá incluír a validación do método de pagamento, a validación da factura (no caso de existir) e o cumprimento das condicións requiridas polo medio de pagamento seleccionado. Nalgúns casos, poderá requirirse unha verificación mediante correo electrónico.
LICENCIA
ChichaLovers, a través da súa páxina web, concede unha licenza para que as persoas usuarias utilicen os servizos vendidos neste sitio web de acordo cos Termos e Condicións descritos neste documento.
