O BOCATA DO CHEF
🍽️ A NOSA NOVA SORPRESA GASTRONÓMICA🐷
Cada mes un Chef vangardista convidado visita o Chichalovers para elaborar un bocata exclusivo para a nosa carta. Esta proposta queda durante un tempo limitado no Chichalovers (1 mes), para deleitar os vosos padales.
Cada creación é única, feita co toque persoal e creativo de cada Chef para todos vós.
O de sempre, como nunca: o auténtico sabor da aldea.


Fernando Rodríguez e Eva Guzman son a alma do Restaurante O Secadeiro, un antigo secadeiro de cereal reconvertido nun espazo gastronómico de autor. Ubicado en Banzas (Outes) e con horta propia apostan por unha cociña de autor baseada na paisaxe.
Recomendados na Guía Michelin e recén galardoados coa Estrela Verde.



Paula e Lolo son puro Rock´n´Roll: innovan na tradición con producto de proximidade, ecolóxico, de temporada e da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Premiados co “Plato de Oro 2022”, “Touche Blanc 2022” e “Recoñecementos Biosfera 2021”, entre outros, ofrecen unha cociña de autor creativa que respeta a tradición dende o seu espazo ubicado en Betanzos.



Brisa Medina e Carlos Insua, chefs do Benedita Elisa (Santiago de Compostela), son grandes defensores do produto e a tradición. O seu estilo de cociña é unha mistura entre as súas raíces, tradicións e viaxes polo mundo. Recomendados na Guía Repsol, son unha aposta segura se buscas facer unha viaxe exótica e divertida a través dos sentidos. A súa proposta do bocata do chef é unha proba delo.



Iván Domínguez, chef de NaDo (A Coruña), é un firme defensor do produto e da tradición. A súa cociña combina raíces atlánticas con innovación, creando unha experiencia que evoca os sabores tradicionais e o coñecemento do territorio a través dos sentidos . Recoñecido cun Sol da Guía Repsol, recomendado porla Guía Michelín e condecorado pola FEB (Federación de Empresarios de Barbanza) como o mellor proxecto de cocina profesional, NaDo é unha aposta segura para quen busca unha viaxe auténtica e divertida polos sabores do Atlántico



Begoña Vázquez, primeira muller en acadar o premio á Cociñeira Revelación no Fórum Gastronómico da Coruña 2024, é unha firme defensora do rural e do produto de proximidade. Dende o seu Restaurante en Verín, elabora unha cociña exquisita, con profundas raíces e a identidade inconfundible da nosa terra.
A súa proposta para o Chichalovers é un fiel reflexo da súa filosofía culinaria: pan do país, chicharróns dos Capelo, queixo DaJosefa, panceta celta de Tres Fuciños, crema de castañas Naiciñas, bechamel de San Simón da Costa e pepino encurtido. Un bocata que non só ten sabor, senón tamén discurso: defende os valores e o compromiso que Begoña leva por bandeira.



O Restaurante Simpar é un referente gastronómico recoñecido tanto dentro como fóra de Galicia. Coidando cada detalle e apostando pola calidade do produto local, o equipo de Simpar, liderado polos talentoso chefs Axel Smyth e Claudia Merchán, converte cada prato nunha experiencia única.
A súa traxectoria está avalada por numerosos premios e distincións, entre os que destacan:
-
Estrela Michelín 2025.
-
Cociñeiro Revelación Madrid Fusión 2025
-
Sol Repsol 2024.
-
T de ouro de Tapas al restaurante más importante de Galicia.
-
Mellores callos do mundo en San Sebastián Gastronómika.
-
Mellor croqueta de España.
A súa proposta para "O Bocata do Chef", trátase dunha oda ás raíces ecuatorianas de Claudia. É un recordo vivo das visitas cos seu avó ao mercado da súa cidade, buscando os mellores produtos, e das rúas cheas de aromas e sabores, onde os bocadillos de porco hornado fan parte da identidade culinaria do Ecuador.
Este bocata é unha homenaxe á infancia, á terra, á memoria e á tradición levada á vangarda. Unha fusión de emoción, sabor e orixe que fala de parte da súa historia e do que queren compartir.



Situado ás portas da zona vella de Santiago, ANACO é o proxecto persoal do chef Víctor Lobejón. Un espazo onde a cociña de tempada cobra vida a través de elaboracións sinxelas, honestas e sempre con profundo respecto polo produto.
Comprometidos co territorio, en ANACO traballan da man dunha rede de pequenos produtores e artesáns que fan posible unha carta que honra o mellor da despensa galega.
🏅 Recomendados pola Bib Gourmand da Guía Michelin, esta tempada presentan unha proposta moi veraniega: un bocata onde os rixóns son os grandes protagonistas. Acompañados dun sofrito de pemento asado e tomate, salsa brava, piparras, queixo Galmesán e patacas Bonilla.
Unha verdadeira oda a Corralón de la Viña (Cádiz), con sabor a verán e espírito de proximidade.
Un bocado para comer coas mans, sen prexuízos e con moito ritmo.



Iago Pazos, creador, taberneiro e mente detrás de Abastos 2.0, aposta firmemente polo territorio e polos produtores de proximidade. A súa cociña, que el define como “K1L0M3TRAXE” (Quilometraxe), celebra a distancia que hai entre o lugar de procedencia dos produtos e o seu restaurante. Fiel defensor do medio rural galego, traballa de forma directa cos pequenos produtores e artesáns da contorna.
Premios e recoñecementos:
-
XIX Premios de Gastronomía de Galicia 2013
-
Premio á Innovación en Xantar 2012
-
Recomendación Guía Michelin
-
Sol Repsol
Estas raíces inspiraron a creación do Bocata do Chef, unha peza exclusiva para Chichalovers 103 pasos:
🌱 K1L0M3TR4X3 (dende Chichalovers a Casa Ría)
-
Chicharróns → Chichalovers 0 km, cociñados á minute con caldo de cebolas tostadas
-
Tomatiños → Horta CASA RÍA, 150 m
-
Padróns → Horta CASA RÍA, 150 m (uns pican… e outros tamén)
-
Bola do país → Porta do Camiño, 160 m, con manteiga
-
Confitura, chutney e kimchi → un toque de contraste que completa a experiencia
A filosofía do Bocata do Chef é a cociña do simple, do auténtico, centrada no sabor, na intensidade e na diversión de comer.
Sabroso. Picante. Disfrutón.
Prazeres sinxelos: comer coas mans, chupar os dedos e gozar de cada bocado.



Nacho Moreira, cociñeiro e alma máter de La Esquina de Valentina (A Coruña). Entende a cociña como un acto de liberdade: comer coas mans, lambér os dedos.
A súa filosofía? Cociñar coma quen fala cos amigos: con verdade, sen adornos e cun respecto absoluto polo produto da terra e do mar de A Coruña.
No seu local, tradición e actualidade mestúranse con naturalidade.
Inspirado pola súa filosofía de gozar do sinxelo Nacho creou unha proposta única para o Bocatas do Chef:
-
Pan brioche
-
Rixóns
-
Salsa brava de chourizo picante
-
Herbas aromáticas frescas
-
Queixo do Cebreiro
Un bocata rebelde, candente e fresco ao mesmo tempo, coma a súa cociña.
Un recordatorio de que os grandes praceres non precisan cubertos… só boas mans e mellor compañía.
Premios e recoñecementos:
🥇 Mención especial no Fórum Gastronómico da Coruña 2024
🥇 Finalista nos Premios Picadillo 2023
🍴 Recomendación Guía Repsol 2025



Tomás Rubio, cociñeiro e alma máter de A Viaxe (Santiago de Compostela).
A súa cociña nace da fusión entre continentes e emocións: alma peruana, corazón galego e matices do mundo.
Para Tomás, cada prato é unha viaxe. Un percorrido que mestura receitas, produtos e técnicas con respecto polas raíces e curiosidade polo que está máis alá.
A súa proposta non busca reproducir a tradición, senón reinventala con verdade e sabor.
Inspirado por esa filosofía de conectar culturas a través da cociña, Tomás creou para o Bocata do Chef:
Pan de bola
Rixóns
Zarza criolla
Puré e boniato frito
Salsas reducida e picante
Rixóns crocantes
Un bocata que é toda unha viaxe de ida e volta entre Galicia e Perú: fresco, potente e cheo de alma.
Premios e recoñecementos:
🍴 Recomendación Guía Repsol 2025
🌟 Distinción Bib Gourmand da Guía Michelin



Martín Vázquez, cociñeiro e mente salvaxe detrás de INDÓMITO (Santiago de Compostela).
A súa cociña é un acto de liberdade: rupturista, intensa e absolutamente persoal.
Martín non segue regras, reescríbeas.
Explora o produto con irreverencia, combina técnicas con audacia e crea pratos que son máis declaración de intencións ca receita.
Para el, a gastronomía é un territorio para conquistar: sen medo, sen límites e sempre cunha elegancia que nace da intuición.
A súa proposta é, coma el, indómita: creativa, valente e chea de carácter.
O seu bocata para Chichalovers non podía ser outra cousa que unha explosión de sabor:
🍔 Burguer de rixóns
🐷 Rixóns crocantes
🧀 Queixo azul Lara e Sara (premiado)
🌶️ Salsa especial de pemento vermello tatemado
🥒 Pepino encurtido
🌿 Menta fresca
🍔 Pan brioche
Un bocata que condensa a súa forma de cociñar: intenso, atrevido e sen domesticación posible.
Premios e recoñecementos:
🍴 Recomendación Guía Michelín
☀️ Sol Repsol



🔥 Alberto Lareo, cociñeiro galego cunha traxectoria sólida e mirada propia, á fronte de Maina. Formouse entre grandes nomes da gastronomía como Eneko Atxa, Jean‑François Piège, Jacques Maximin, Marcelo Tejedor e Toñi Vicente. Da escola francesa aprendeu o rigor técnico; da cociña vasca, o respecto polo produto; de Galicia, a raíz e a memoria. Foi fundador de Manso, un proxecto que marcou unha etapa na gastronomía compostelá, e hoxe en Maina desenvolve unha proposta máis depurada, esencial e madura.
A súa cociña é equilibrio e intención. Non busca impresionar:busca emocionar. Minimalismo preciso, sabor profundo e unha elegancia que nace do detalle.
Para Alberto, cada prato é unha composición medida ao milímetro. Nada sobra. Todo ten sentido.
O seu bocata para Chichalovers é unha síntese perfecta da súa filosofía:
🐷 Rixóns dos Capelo
🧀 Queixo da Amalia
🥬 Pak choi macerado en vinagre de Xerez e mazá, con améndoas tostadas e tomate seco
🔥 Chorinis
🥖 Pan do país.
Un Chicha que sabe a entroido e a vangarda ao mesmo tempo.Raíz galega interpretada con técnica e sensibilidade contemporánea.



Humbert e Tamara, a alma detrás de Nara Noodle Bar, están detrás dun dos proxectos máis vibrantes do casco histórico de Santiago. En 2024 abriron este pequeno noodle bar na ruela de Entrerrúas coa idea de achegar a cociña asiática á cidade dende unha mirada aberta e persoal.
A súa carta percorre territorios como China, Tailandia ou Xapón, combinándoos con produto de aquí nun diálogo natural entre culturas e ingredientes. Moitas elaboracións fanse na propia cociña: noodles, baos ou dumplings preparados a man nunha proposta viva, chea de sabor e matices.
Para o seu Bocata do Chef en Chichalovers, trasladan esa mesma filosofía ao formato Chicha:
🥬 Verduras encurtidas
🍜 Sabores asiáticos intensos
🔥 Técnica e contraste de texturas
🥖 Todo dentro dun pan do país
Un Chicha que cruza continentes nun só bocado.
Asia e Galicia atopándose no mesmo pan.

